Brocos, Isidoro

Santiago de Compostela
-
04/04/1841
Coruña (A) (l)
-
26/11/1914

Isidoro José María Brocos Gómez (Santiago de Compostela, A Coruña,1841-A Coruña, 1914). Brocos recibiu as primeiras leccións artísticas dentro da súa propia familia da man do seu tío Juan, escultor, e do seu pai Eugenio, pintor e gravador. Na Academia de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago iníciase academicamente co pintor José Cancela del Río como primeiro mestre. Contaba, por aquel entón, con catorce anos de idade. Pronto inicia a súa actividade docente na Academia de Debuxo da Sociedade Económica, como axudante de Cancela e do escultor Juan Sanmartín e, pouco despois, como profesor auxiliar.

En 1868 o seu espírito moderno e inquieto empúxalle a marcharse a Madrid para perfeccionar a súa formación matriculándose na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, actividade que compaxina coa asistencia ao taller do escultor Andrés Rodríguez. En 1873, trasládase a Roma e amplía estudos na Academia Española de Belas Artes e durante os sete meses que permanece en Italia viaxa polas principais cidades e coñece os principais monumentos, experiencias que plasma nos seus cadernos de notas e que exercerán unha gran influencia no seu traballo artístico. En abril de 1874 márchase a París, onde estará durante tres anos, estudando na Escola Nacional de Belas Artes. Recibe os seus primeiros recoñecementos coa Morte de Herodes, terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid de 1878.

Regresa a Compostela tras o seu período formativo e en 1879 gana a cátedra de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País, con todo, un ano despois, Brocos trasládase a Coruña e ingresa na Escola de Belas Artes como profesor de Modelado e Baleirado de Adorno, materia na que, en 1891, obterá a cátedra na mesma escola. No plano artístico será a súa etapa de maior actividade, presentando as súas obras máis coñecidas: Aquí, aquí (A Pulga) e O Xastre de Aldea, que foron adquiridas polo rei Alfonso XII, O vello da zanfona ou A Parva, son algúns exemplos que obtiveron boa resposta da crítica neses anos. Para captar esas escenas populares realizou numerosas excursións por Galicia tomando apuntamentos nos seus cadernos. En 1891, ademais, chega á Escola da Coruña o catedrático malagueño de Debuxo José Ruiz Blasco, pai de Pablo Picasso, que será alumno de Modelado e Baleirado de Isidoro Brocos, tamén Joaquín Vaamonde será discípulo de Brocos na Coruña. Académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 1904, tamén será membro da Real Academia Galega da Lingua e académico da Academia Provincial de Belas Artes onde colaborou no informe que se presentou en 1903 para a creación do Museo de Belas Artes na Coruña. Participará do movemento rexionalista galego e chegará a director da Escola de Belas Artes.

A completa educación artística de Brocos e as súas estancias en Roma e París teñen moito que ver na súa concepción da arte. Unha parte importante das súas creacións deberase á súa presenza en exposicións nacionais, con exemplos historicistas como A Morte de Herodes, Hero, Macías o Namorado ou Morte de Cleopatra. Con todo, talvez o seu maior recoñecemento viñese dado por obras de xénero nas que a súa participación do movemento rexionalista galego desempeñou un papel destacado, con obras como A Parva, Xastre de aldea, ou mesmo con pezas de carácter conmemorativo e exaltación local no caso de María Pita. Finalmente, o retrato e a escultura relixiosa, como as obras para a igrexa de San Andrés da Coruña, tamén están presentes na actividade escultórica de Isidoro Brocos.

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Don Quijote. Escenas (#5729 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Don Quijote. Escenas (#5730 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • El Pretor Mancino a las puertas de Numancia (#5724 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Escena clásica (#3674 - Dibujo - Papel, Tinta, Lápiz - Dibujo)
  • Exploradores de la Tierra de Promisión (#5757 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Expulsión de los mercaderes del templo (#5756 - Dibujo - Papel, Lápiz - Debuxo con lapis, Aguada)
  • Hero (#3740 - Escultura - Escayola - Vaciado)
  • La expulsión del Paraíso (#5755 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Martirio de San Andrés (#3164 - Placa cerámica - Barro cocido - Modelado)
  • Martirio de San Andrés (#5754 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Proyecto del Altar Mayor de las Ánimas. Santiago (#5714 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • San Andrés (#4935 - Busto - Barro cocido - Modelado)
  • San Pedro (#4934 - Busto - Barro cocido - Modelado)
  • Sen título (3875) (#3875 - Vaso - Madera de boj - Talla)
  • Sen título (3876) (#3876 - Vaso - Madera de boj - Talla)
  • Sin Título (#5697 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5662 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5731 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5698 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5663 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5732 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5699 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5664 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5733 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5700 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5665 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5734 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5701 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5666 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5735 - Dibujo - Papel vegetal - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5702 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5667 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5736 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5703 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5668 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5737 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5704 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5669 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5738 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5705 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5670 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5742 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo, Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5706 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5671 - Dibujo - Papel, Tinta, Lápiz - Dibujo)
  • Sin Título (#5743 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo, Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5744 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo, Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5707 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5672 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5673 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5745 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5708 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5674 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5748 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5709 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo, Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5675 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5749 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis, Acuarela)
  • Sin Título (#5711 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5676 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5750 - Dibujo - Cartulina - Debuxo con lapis, Acuarela)
  • Sin Título (#5712 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5677 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5751 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5713 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5678 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5753 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5679 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#3670 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5715 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5680 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5716 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5681 - Dibujo - Papel vegetal, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5717 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5682 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5719 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo, Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5683 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5720 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5684 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5759 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5721 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5685 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5760 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5722 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5686 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5761 - Dibujo - Papel, Tinta, Lápiz - Dibujo)
  • Sin Título (#5654 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5723 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5687 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5762 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5655 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5689 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5763 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis, Dibujo)
  • Sin Título (#5656 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5725 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5690 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5764 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5657 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5726 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5691 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#6197 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5658 - Dibujo - Papel, Tinta, Lápiz - Dibujo)
  • Sin Título (#5727 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5692 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5659 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5728 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5695 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Sin Título (#5660 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5696 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Sin Título (#5661 - Dibujo - Papel, Lápiz, Tinta - Dibujo)
  • Virgen de los Milagros (#5758 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)