Imaxe:
Conversa asimétrica
Folla técnica
Número de inventario:
5653
Materia / Soporte:
Resina de poliéster
Contexto cultural / Estilo:
Abstracción
Cronoloxía:
2001
Clasificación:
Escultura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Rivas, Silverio (09/03/2009)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano 2005: Silverio Rivas: esculturas, Centro Cultural Caixanova, Vigo, do 7 de abril ao 8 de maio.
Medidas:
Altura = 250 cm; Anchura = 60 cm; Profundidade = 55 cm
Obxecto:
Escultura
Composición formada por dúas pezas independentes que se complementan e que tenden a buscar a verticalidade no espazo. A obra escultórica de Rivas, que participa nas exposicións dos anos oitenta do grupo galego Atlántica, vaise depurando cos anos cara a concepcións máis simplificadas e minimalistas. Non haberá referencias á figuración pero sen chegar a posicións radicais, pois como observamos nesta composición deixa asomar no alto algunhas formas curvas e sinuosas. Este proceso de abstracción acompáñase en toda a súa traxectoria da introdución do baleiro como elemento clave da representación. O escultor xoga coa fragmentación da peza para que o espectador participe no interior e no contraste de luminosidades que provoca.