Imaxe:

Cristo na cruz

Autores/as:
Cronoloxía:
1612[ca]-1624[ca]

ATRIBUÍDO A LUIS TRISTÁN

Sobre un fondo de paisaxe no que se ve ao fondo a cidade de Xerusalén, unha sinxela composición na que destaca a figura de Cristo na cruz, coas pernas cruzadas e catro cravos nos pés, o pano de pureza atado á dereita e unha caveira aos seus pés. Seguindo as recomendacións de austeridade que se establecen no Concilio de Trento, a arte barroca descarta as composicións medievais cheas de personaxes que distraían a contemplación do motivo principal e aparece a figura solitaria de Cristo na cruz. Por outra banda o predominio realista do barroco representa plenamente o sufrimento humano do Fillo de Deus, Cristo represéntase aínda vivo, botando a cabeza cara atrás e elevando os ollos ao ceo exhala o seu último suspiro. Os pintores fieis aos evanxeos mostran as tebras invadindo a terra no momento en que Xesús expira. A caveira aos pés da cruz evoca a lenda medieval de que nese mesmo lugar estaba enterrado Adán, converténdose nun símbolo que indicaría ao cristián que Xesús co seu sacrificio salva á humanidade do pecado orixinal.

Folla técnica

Número de inventario:
276
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Barroco
Autores/as:
Cronoloxía:
1612[ca]-1624[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Relixiosa. Evanxélica
Procedencia:
Asignación. Usucapión: Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico (Decreto 10 de outubro de 1963, nº 2527/63 (Ministerio de Facenda))
Medidas:
Con marco: Altura = 67,5 cm; Anchura = 42,8 cm; Profundidade = 4,5 cm
Lenzo: Altura = 58 cm; Anchura = 33 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro