Imaxe:
Cuspideira
Folla técnica
Número de inventario:
4230
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época.)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Medidas:
Altura = 8 cm; Lonxitude = 11 cm; Diámetro = 8,5 cm
Recipiente: Altura = 7,5 cm; Lonxitude = 10,5 cm; Diámetro = 7,8 cm
Tapa: Altura = 3,5 cm; Diámetro = 8,5 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Moldeado por presión
Estampado (Cerámica)
Vidrado
Obxecto:
Cuspideira
Cuspideira estampada en negro, con asa e con molduras redondeadas e lixeiramente destacadas na base e parte superior.
O recipiente está decorado por motivos centrais con xardíns fantásticos do modelo Góndola; a tapa superior de forma cóncava e con perforación central decóraa a orla tipo Góndola que alterna viñetas de paisaxes e rosas, unidas no interior por un reberete de espigas que tamén se repite na asa.
Esta cuspideira serve para exemplificar non só a diversidade de modelos obxectuais que saían de Sargadelos para unha mesma función, senón tamén para mostrar a variedade de obxectos de uso hixiénico que podían chegar a formar parte dun enxoval doméstico.