Imaxe:

A dama das luvas grises

Cronoloxía:
1880

Retrato de muller en tres cuartos. Apoiada sobre o marco da xanela vira o rostro ao fronte continuando o devandito xiro cara á esquerda mediante a súa mirada. Loce vestido azul de manga longa, con sobreposición de colo e abertura do antebrazo en plisado. Tocada con chapeu agrisado de á volta e forma plisada sobre o que cae unha ampla pluma. Coa súa man dereita enguantada suxeita un abano pechado. Un tramo de parede e unha cortina verde, ambos os dous con estampados vexetais, acoutan o interior da estancia onde se atopa a retratada. A xanela dá paso a unha panorámica con paisaxe de montaña limitada ao lonxe por unha celaxe encapotada. O estilo da pintura de M. Brocos encádrase nun naturalismo ecléctico que percorre as diversas tendencias vixentes na pintura oficial europea nos anos finais do século XIX. Esta obra responde a esa concepción naturalista onde resalta a composición de claro corte académico.

Folla técnica

Número de inventario:
4959
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1880
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra.
Medidas:
Con marco: Altura = 118 cm; Anchura = 99,5 cm; Profundidade = 7,5 cm
Lenzo: Altura = 92 cm; Anchura = 75 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro