Imaxe:
A dama do papagaio
Folla técnica
Número de inventario:
5292
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Simbolismo
Cronoloxía:
1926
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Legado: Fernández San Mamede, María Josefa (06/04/2005)
Historial:
Reverso: No lenzo, a lapis: Coruña / Corredoyra. No marco, acuñado en negro: DEPOSITO Y REPRESENTANTE / J. MELENDEZ C/ San Isidoro, Telef. 259982 / A Coruña.
O seu expediente está relacionado coas pezas 5293 e 5294.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1975: Xesús Corredoyra. Deputación Provincial, Colexio Calvo Sotelo, A Coruña.
Ano 1993: Xesús Corredoyra. Fundación Caixa Galicia, Oct- Dic, A Coruña, Lugo.
Ano 1998: Pintores de Lugo I. Museo Provincial de Lugo.
Medidas:
Con marco: Altura = 121,1 cm; Anchura = 126,7 cm; Profundidade = 6,6 cm
Lenzo: Altura = 103 cm; Anchura = 108,7 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Neste retrato realizado por Corredoyra en Nova York, usa un dos seus característicos fondos sombríos disposto a modo de escenario teatral no que representa as arcadas dun claustro que evoca o pasado medieval. E en contraste con este marco arquitectónico, unha figura feminina aparece en primeiro termo destacada por unha iluminación de aparencia irreal.
Nesta muller que parece absorta nos seus pensamentos destaca a expresión da súa mirada, cos ollos entreabertos e mirando de esguello, resaltada pola cor esbrancuxada da maquillaxe. É o tipo de muller sedutora, con tinguiduras de perversidade, moi utilizado na estética simbolista. O aire de misterio e a sensualidade que desprende a figura, reforzada co paxaro exótico que sostén na súa man, lembra aos tipos femininos de Julio Romero de Torres.