Imaxe:

Desarrollo geométrico para un espacio lúdico

Autores/as:
Cronoloxía:
1989

Ao finalizar a década dos anos cincuenta Caruncho abandona toda referencia aos obxectos e profunda na arte baseada na xeometría. Esta obra constrúese nun espazo xerado a partir dos elementos básicos do cadro: marco, soporte e urna de metracrilato, integrados como parte do conxunto da obra. Tamén se deseñan diversas figuras xeométricas: triángulos en negro, amarelo e azul, cadrados e lineas construtivas illadas. Partindo dunha base monocromática en branco ordénase o espazo rítmica e cadencialmente en bandas, creadas por lineas paralelas en cores diferentes. A profundidade, conséguese coa superposición de planos xeométricos, triángulos e cadrados creados con material branco e bandas de fíos tensionados, que se entracruzan nun determinado punto formando diminutos cadrados. Nun escrito de Luís Caruncho titulado Vicisitudes do plano publicado en 1986, quedaba claramente exposta a relación da súa obra coas vangardas de raiz constructivista, suprematista ou neoplasticista, a parte máis rigorosa e sobria da arte non representativo. Esta obra do ano 1989 pertence á serie titulada Desenvolvemento xeométrico para un espazo lúdico realizada nos anos oitenta.

Folla técnica

Número de inventario:
4907
Materia / Soporte:
Táboa
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Abstracción
Autores/as:
Cronoloxía:
1989
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Motivos xeométricos
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Caruncho, Luís (28/12/1995)
Historial:

Exposición:
Ano 2010: Luís Rosales. O contido do corazón. Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais. Sede: A Casa Acesa. Abril- xuño .

Medidas:
Con marco: Altura = 142,3 cm; Anchura = 143 cm; Profundidade = 7,5 cm
Técnica:
Mixta
Obxecto:
Cadro