Imaxe:
Dona Matilde Rodríguez Pastor
Folla técnica
Número de inventario:
3741
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Simbolismo
Cronoloxía:
1916
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Irmáns Tenreiro Brochón (24/01/1990)
Historial:
O. M. do 29- 12- 1989 ( Doa 62/ 89).
Medidas:
Con marco: Altura = 141,5 cm; Anchura = 128,3 cm; Profundidade = 10 cm
Lenzo: Altura = 119,5 cm; Anchura = 107,5 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
A composición deste retrato lembra a un dos modelos usados por Ignacio Zuloaga, cunha paisaxe de fondo e coa figura situada en primeiro plano e destacada cunha iluminación forzada. Tamén se aprecia a inspiración na pintura do Greco, ao que Corredoyra se achegou estilísticamente, no ton tenebroso de toda a composición e no alongamento das mans da dama que Corredoyra usa como recurso expresivo. Como é habitual nos seus retratos fai un estudo de caracterización sicológica desta muller da burguesía coruñesa e introduce no horizonte o castelo medieval de Andrade ou de Nogueirosa, para aludir simbólicamente á vinculación familiar da retratada co municipio de Pontedeume.