Imaxe:
Emigrante
Folla técnica
Número de inventario:
4822
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1967
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes dá Coruña (30/07/1993)
Historial:
Forma parte do legado de María Elvira Fernández López (Maruxa Seoane, Vda. de Luís Seoane, falecida en 2003). O legado faise á Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña que realiza un depósito permanente no Museo polo que o legado permanecerá ligado a esta institución e formará parte da súa colección estable.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1989: Seoane: mostra antolóxica, Santiago de Compostela
Ano 1991: Luís Seoane (1910-1979), Casa de España en París, do 4 de xuño ao 6 de xullo
Ano 1997: Galicia exterior. Galicia Terra Única. Consellería de Cultura e Comunicación Social. Vigo, Estación Marítima. Julio-Outubro
Ano 2016. Galicia 100. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela, Fundación Abanca, do 10 de maio ao 18 de setembro de 2016
Medidas:
Con marco: Altura = 105 cm; Anchura = 86 cm
Lenzo: Altura = 100 cm; Anchura = 81 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Sen abandonar o protagonismo da figura feminina, entendida como emblema do ser de Galicia, cuns trazos simples define o corpo desta muller sentada, de fronte e coas mans sobre o colo. Sobre o peito ten un cartel no que está escrita en francés unha lenda cos datos que a identifican: ELLE S`APELLE / MANUELA RODRÍGUEZ / ELLE EST ANALPHABÉTE / AIDEZ - A / GENÈVE 1963. Con esta obra Seoane denuncia unha realidade social da época, a emigración e o analfabetismo. Cando Seoane volve a Europa nos anos sesenta e toma contacto coas novas tendencias figurativas e abstractas, renova a súa concepción das formas a base da autonomía da liña e da cor plana que desembocará nun proceso de esquematización das formas e de simplificación, como a que observamos nesta imaxe feminina, que ocupa a superficie do lenzo e á que dota de gran simbolismo.