Imaxe:

Floreiro

Cronoloxía:
1845-1875 (Tercera o Cuarta Época)

Floreiro de cinco bocas (dedos) con bordo dentado e fileteado en negro. A superficie, nos dedos está traballada en relevo simulando puntas de folla e a palma central está sucada por unha especie de tres acanaladuras que descenden ata a base.

A decoración cínguese a unha grilanda de caraveis cor carmín vivo entrelazados por medio dun finísimo trazo negro e alternados con capullos azuis e follas verdes.

Nos dedos permanece o mesmo tipo de decoración floral con pequenos ramiños, neste caso illados, e na base son aínda máis simplificados e estilizados.

Os deseños decorativos eran realizados directamente sobre a peza por pintores especializados chamados pincelistas. Quiroga Figueroa no seu catálogo  A louza de Sargadelos. Colección do Museo Provincial de Lugo, fai referencia á orixe deste tipo de decoración nas louzas francesas de Sarraguemines; e tamén ao seu paralelismo con louzas españolas da fábrica da Amizade de Cartaxena.

Folla técnica

Número de inventario:
1069
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1875 (Tercera o Cuarta Época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Vexetal
Procedencia:
Asignación. Compra: Costa Figueiras, José (25/10/1949)
Historial:

Nota L.R. : Decorado a man.
No catálogo de Dª Isabel Martínez-Barbeito menciónase que posúe unha marca gravada de Coroa real, que non existe na peza.

Medidas:
Floreiro: Altura = 21 cm; Lonxitude = 27 cm; Anchura = 7,2 cm
Técnica:
Moldeado por coado
Biscoitado
Pintado
Vidrado
Obxecto:
Floreiro