Imaxe:

Fonte

Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera Época)

Fonte con pés, ovalada, con suaves ondulacións no perfil do bordo obtidas a partir do labrado do molde. No fondo, presenta unha pronunciada cavidade cara á que conflúen toda unha serie de acanaladuras simulando unha forma vexetal pero de evidente carácter funcional (canle por onde discorren os líquidos e salsas).

O estampado nun azul cobalto corrido impregna de cor o fondo, substituíndo a súa brancura por unha tenue cor azulada. A decoración non se centra nun motivo principal senón en diversos conxuntos florais distribuídos simétricamente por toda a superficie da peza, alternando grupos florais sós con grupos de flores e aves. Esta decoración compleméntase no perfil do bordo cun fino reberete en relevo de motivos vexetais repasados a pincel.

Nesta fonte conflúen dous tipos decorativos: o pintado a man con pincel, dando cor ao relevo do bordo e, a estampaxe calcográfica dos grupos florais distribuídos polo resto da fonte.

Folla técnica

Número de inventario:
3530
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera Época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Vexetal
Motivos florais
Figura. Animal
Procedencia:
Asignación. Doazón: Seijo Rubio, José; Pérez Cepeda, Isabel (22/11/1974)
Historial:

Doazón de José Seijo Rubio e a súa esposa Isabel Pérez Cepeda

Medidas:
Fonte: Altura = 6,1 cm; Lonxitude = 38,3 cm; Anchura = 31 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Estampado (Cerámica)
Cocción
Vidrado
Pintado
Obxecto:
Fonte