Imaxe:
Fonte
Folla técnica
Número de inventario:
4029
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Medidas:
Fonte: Altura = 2,7 cm; Lonxitude = 25,6 cm; Anchura = 18,5 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Fonte
Fonte cuadrilonga chan estampada en negro. A viñeta central ilustra unha vista da Comandancia Xeral de Mariña da Habana segundo reza o epígrafe que a rodea.
O espazo compositivo parte dunha gran canle central pola que navegan distintas embarcacións. Alén da canle, a Comandancia Xeral e numerosas construcións que se van sucedendo na súa liña ata perderse no fondo.
A á decórase con banda reticulada rematada na parte interna en puntilla e elementos vexetais xeometrizados, vai asociada á súa vez a un fino reberete tamén xeometrizado formado por pequenos rombos.
As vistas reais de lugares do mundo recollidas especialmente nos libros de viaxes e álbums dos viaxeiros románticos ingleses e franceses, convertéronse en importantes fontes de inspiración para ceramistas e gravadores ingleses. Tamén, na Fábrica de Sargadelos van copiar ou recoller temas de litografías e gravados da época para decorar os seus obxectos de louza.
É de destacar especialmente a serie de vistas de Cuba das que nalgúns casos se coñece mesmo o gravado orixinal en que se inspira. No caso que nos ocupa, segundo indica M. Buelga en Vistas de ciudades en la cerámica española del siglo XIX, a fonte iconográfica procede da litografía Machina e Comandancia da Mariña ( A Habana), da Serie Ila de Cuba Pintoresca (1839-1842) de F. Mialhe e Alejandro Moreau de Jonnes.