Imaxe:

Hero

Autores/as:
Cronoloxía:
1884[ca]

Figura feminina que vira ao redor dun eixo helicoidal, adianta un brazo e eleva o outro ao apoiar a man esquerda sobre a fronte. Trátase dun bosquexo para unha escultura de tema mitológico. Representa a Hero, sacerdotisa de Afrodita, nun momento de arrebato pasional ao descubrir que o seu namorado Leandro perecera afogado. Hero suicídase tirándose desde as murallas do templo onde ela acendía un facho para guiar a Leandro, que cada noite cruzaba a nado o Helesponto para vela.

Folla técnica

Número de inventario:
3162
Materia / Soporte:
Barro cocido
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1884[ca]
Clasificación:
Escultura
Iconografía:
Mitolóxica
Procedencia:
Asignación. Compra.
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 1997. Galicia Terra Única: O século XIX. Claustro de San Francisco, Pontevedra. Consellería de Cultura e Comunicación Social, 7-maio a 15-novembro.

Medidas:
Escultura: Altura = 26 cm; Anchura = 6 cm; Profundidade = 10 cm
Técnica:
Modelaxe
Obxecto:
Escultura