Imaxe:

AT I

Cronoloxía:
1997

O carácter secuencial da serie iníciase en AT I, primeiro cadro de serie Alma Tadema, onde se mostra o espazo baleiro que espera a chegada de novos ocupantes. O primeiro cadro representa o futuro, aberto a múltiples expectativas, un escenario que comeza a ser ocupado cun repertorio de obxectos que se depositan no piso superior. A partir deste lenzo e do escenario que constrúe desenvólvense os demais.

Folla técnica

Número de inventario:
6401
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Hiperrealismo
Cronoloxía:
1997
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Arquitectura. Interiores
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Fernández, Roberto (27/10/2017)
Medidas:
Profundidade = 3 cm
Con marco: Altura = 164,5 cm; Anchura = 134,5 cm
Lenzo: Altura = 162 cm; Anchura = 132 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro