Imaxe:
La parva
Folla técnica
Número de inventario:
2932
Materia / Soporte:
Barro cocido
Xeso
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo
Cronoloxía:
1887[ca]
Clasificación:
Escultura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Brocos, Donnino (05/12/1959)
Historial:
EXPOSICIÓNS:
Ano 1981: Mostra do traxe galego. Asociación Provincial de Coros e Danzas, A Coruña, 3- 15 de Julio.
Ano 1985: Isidoro Brocos. Deputación Provincial, Colexio Calvo Sotelo, A Coruña, 1- 15 de Agosto
Ano 1989: Isidoro Brocos: 1841-1914. Sala de Exposicións Caixa Galicia, A Coruña, 24 de Novembro ao 22 de Decembro.
Medidas:
Escultura: Altura = 60 cm; Anchura = 42 cm; Profundidade = 43 cm
Técnica:
Modelaxe
Engobado
Obxecto:
Escultura
Personaxe masculino sentado sobre un tronco co corpo botado cara adiante e virando a cabeza cara á dereita. Leva vestimenta tradicional: gorro de la na cabeza, camisa, chaleco, faixa, calzón con aberturas e polainas. O campesiño representado sorrí con retranca e está a realizar unha comida lixeira que tradicionalmente se tomaba a media mañá, consiste nunha copa de augardente e un anaco de pan a modo de primeiro almorzo popularmente coñecido como a parva. A obra coincide co momento en que Brocos se instala na Coruña como profesor na Escola de Belas Artes. A escultura de xénero foi o máis interesante da produción de Brocos e en relación con iso, non podemos esquecer o movemento rexionalista que se estaba fraguando e que aparece nas súas obras ligado a unha certa preocupación de índole social. Brocos realizou un busto (O vello da parva) datado en 1887 que representa ó modelo masculino da parva e un estudo preparatorio da cabeza do vello da parva, (Catálogo: Isidoro Brocos (1841-1914), cat. nº 6 e 7, pp. 99, 100).