Imaxe:

Lo que puede un Sastre!

Autores/as:
Cronoloxía:
1797-1799 (Edición: 1937)

No centro da escena álzase a imaxe dun espantallo vestido de monxe. Axeonllada ante el, unha muller en actitude orante, en segundo plano e con menor nitidez un grupo tamén orante. Na zona superior figuras espidas, bruxas, contemplan as escena.

Serie Caprichos. Corresponde a unha edición do ano 1937 feita pola II República Española como homenaxe á URSS no seu XX Aniversario, sendo declarada oficialmente como a última tirada que se podía facer das pranchas orixinais, dada a necesidade de protexer a súa conservación.

Folla técnica

Número de inventario:
4730
Materia / Soporte:
Papel vergado
Contexto cultural / Estilo:
España. Reinado de Carlos IV (1788-1808)
Autores/as:
Cronoloxía:
1797-1799 (Edición: 1937)
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Iconografía:
Personaxes grotescos
Sátira
Procedencia:
Depósito: Deputación dá Coruña (15/12/1983)
Historial:

Estampas adquiridas en 1983 pola Deputación da Coruña a D. Gustav Eisermann e depositadas ese mesmo ano no Museo.

Medidas:
Pegada: Altura = 210 mm; Anchura = 150 mm
Mancha: Altura = 206 mm; Anchura = 124 mm
Papel: Altura = 345 mm; Anchura = 250 mm
Técnica:
Augatinta
Augaforte
Obxecto:
Estampa