Imaxe:
Macías, O Namorado
Folla técnica
Número de inventario:
3809
Materia / Soporte:
Barro cocido
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1887
Clasificación:
Escultura
Procedencia:
Asignación. Doazón: Fundación Pedro Barrié de la Maza (19/11/1990)
Historial:
Admitida por O.M. 3-10-1990.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1989: Isidoro Brocos (1841-1914). Fundación Caixagalicia, Sala de exposicións Caixa Galicia, A Coruña, 24 de novembro ao 22 de decembro
Medidas:
Escultura: Altura = 9 cm; Anchura = 16 cm; Profundidade = 10 cm
Técnica:
Modelaxe
Obxecto:
Escultura
A figura de Macías encadeado está tendida no chan, ten unha lanza cravada nas costas e sostén a súa arpa de trobador no brazo esquerdo. Cupido, que leva colgado ás súas costas o carcaj das frechas, sosteno no momento da súa morte. Trátase dun bosquexo para unha escultura de Macías, coñecido co adxectivo de O Namorado. Este personaxe, natural de Padrón e que viviría na segunda metade do século XIV, foi trobador e cabaleiro, servindo ás ordes do Maestre de Calatrava. A tradición medieval supono morto nas mazmorras dun castelo onde foi encerrado por mor dunha vinganza amorosa, pasando á literatura como símbolo do morrer de amor.