Imaxe:
Mambrú
Folla técnica
Número de inventario:
4248
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera época)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Medidas:
Xerra: Altura = 32,5 cm; Lonxitude = 15,5 cm; Anchura = 22 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Cocción
Pintado
Vidrado
Esponxado
Obxecto:
Xerra
Denomínanse como Mambrú en Galicia ás xerras producidas na Fábrica de Sargadelos no século XIX que adoptan a figura dun home sentado nunha cadeira de brazos, coas mans sobre os xeonllos e xeralmente vestido con levita azul ultramar, chaleco amarelo, calzas brancas e pantalón e zapatos negros. O chapeu tricornio, tamén negro, forma un pico de vertedura e, a asa de suxección está na parte posterior.
Este tipo de xerra é unha adaptación da figura de louza inglesa, o Toby Jug (Xerra Toby), cuxa creación se atribúe ao oleiro Ralph Wood de Burslem, Staffordshire, na década de 1760. A súa forma representa a un home riseiro e sentado, ataviado cunha colorida vestimenta do século XVIII, que sostén unha xerra de cervexa cunha man e coa outra unha pipa de tabaco. É coñecida tamén como Toby Philpot xa que se cre que esta produción cerámica se inspira nun personaxe literario con ese nome. A produción destas xerras estendeuse por outras olerías europeas que, con algunha variante, contribuíron a popularizalas.
Na Fábrica de Sargadelos existiron estas xerras desde o inicio da súa produción. Co tempo a figura aumenta de tamaño, perde o sorriso e aparece máis hierática. Estes exemplares, salvo casos illados, non adoitan levar a xerra de cervexa nas mans, e algúns teñen no chapeu unha tapa extraible. O termo Mambrú que se aplicou a estas xerras é a posible transformación fonética do apelido do famoso xeneral inglés Duque de Marlborough.