Imaxe:

María Antonia Fernanda de España, esposa de Vittorio Amadeo III

Autores/as:
Cronoloxía:
1757[ca]

María Antonia Fernanda, filla menor do rei Felipe V e Isabel de Farnesio, foi duquesa de Saboya e raíña de Sardeña polo seu matrimonio con Víctor Amadeo III en 1750. Este retrato podería ser un dos primeiros enviados a Madrid despois da súa chegada á corte de Turín. A duquesa viste corpiño azul axustado e leva o cabelo empoado segundo a moda francesa do século XVIII. Outros accesorios destinados a expresar o seu elevado status son os encaixes, as peles, e o conxunto de xoias denominado aderezo, composto por un adorno de cabeza, pendentes, unha xoia de peito e un broche que suxeita o manto. As cortinas do fondo serven como elemento de ambientación así como de atributo de dignidade segundo as tendencias do retrato oficial cortesán.

Á marxe do artificioso que poida parecernos, é un retrato oficial pero concibido de forma natural no que o pintor busca unha caracterización psicolóxica a través da mirada achegándolle, coa presenza do can, unha nota de proximidade humana.

Folla técnica

Número de inventario:
318
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Neoclasicismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1757[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (15/10/1946)
Historial:

Procedente do Ministerio de Fomento. En época de Linares Rivas, deixouse en depósito, por Real Orde do 18-06-1896, na Escola de Artes e Oficios. Pasou ao Museo de Belas Artes, coa inauguración do mesmo, por Orde do Padroado do 14-11-1967.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1988: Carlos III en Italia, 1731-1759. Itinerario italiano dun monarca español. Setembro. Museo del Prado.

Medidas:
Con marco: Altura = 111 cm; Anchura = 91,5 cm; Profundidade = 7 cm
Lenzo: Altura = 99 cm; Anchura = 79 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro