Imaxe:

Marina

Autores/as:
Cronoloxía:
1897

Esta panorámica da costa coruñesa foi posiblemente realizada pouco antes da súa viaxe de formación a Madrid. O pintor opta por un tema convencional, un fragmento de costa para desenvolver a súa obra. Tecnicamente, o pintor constrúe os elementos da paisaxe con perfís nítidos un tanto matizados pola característica atmosfera brumosa. Un primeiro termo detallado con grandes rocas ante as que rompe a ondada. Toques prateados da auga da ría no plano medio e fondos dourados sobre a barreira montañosa que forma a liña do horizonte na que resalta a veta branca de Seixo Branco e a praia de Mera.

Folla técnica

Número de inventario:
5293
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo; Pintura Galega. Xeración Doente
Autores/as:
Cronoloxía:
1897
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Depósito Xunta. Legado: Fernández San Mamede, María Josefa (01/04/2005)
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 2013: Rosalía de Castro. No principio foi o verso. Fundación Rosalía de Castro. Sede: Fundación Barrié, Vigo, 15-05-2013 a 15-09-2013.
Ano 2015: O primeiro Picasso. A Coruña 2015. Organizada polo Museo Picasso de Barcelona e o Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Belas Artes da Coruña, 20 de feb / 24 de maio.

Medidas:
Con marco: Altura = 67 cm; Anchura = 83,8 cm; Profundidade = 5 cm
Lenzo: Altura = 43,5 cm; Anchura = 60,4 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro