Imaxe:

Marinero

Cronoloxía:
1883

Neste cadro de pequeno formato e apaisado Brocos achéganos a unha paisaxe costeira que desprende gran realismo grazas ao retrinco desa escena cotiá mariñeira que presenta nun primerísimo plano, definida polo canastro e centrada por unha figura que, aínda en escorzo, nos transmite unha pose de gran naturalidade. Actitude esta que Brocos explicita igualmente no aspecto natural e casual que emiten as rugosidades e pregues da indumentaria, construídos a base de contrastes tonais das cores e que outorgan ao conxunto unha gran luminosidade e frescura.

Todos estes efectos Brocos lógraos grazas ao seu coñecemento das tendencias modernas que fraguan en Europa os macchiaoili italianos ou os impresionistas franceses coa súa maneira de usar a cor e reflectir a súa luminosidade.

Folla técnica

Número de inventario:
3167
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Cronoloxía:
1883
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Oficios. Pesca
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Asignación. Compra.
Historial:

EXPOSICIÓNS:
Ano 1981: Homenaxe a Pintores Composteláns. Deputación Provincial A Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo.
Ano 1984: Pintura do século XIX nas Institucións. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Afonso.
Ano 1984: Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede: Quiosco Afonso

Medidas:
Con marco: Altura = 33,8 cm; Anchura = 47,6 cm; Profundidade = 4 cm
Lenzo: Altura = 24 cm; Anchura = 37,8 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro