Imaxe:

Mugardos

Cronoloxía:
31/08/1849

Escena mariñeira no porto de Mugardos, con numerosas barcas na ría repletas de persoas. A vista, desde o interior da ría, ten por fondo o porto e a vila de Mugardos, dominado por Montefaro. Ría de Ferrol.

Folla técnica

Número de inventario:
81
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
31/08/1849
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Costumista. Tipos populares
Paisaxe. Costa
Arquitectura popular
Oficios. Pesca
Costumista. Escena
Procedencia:
Asignación. Compra: Morales, Francisco (01/05/1944)
Historial:

De Enrique Pérez de Villaamil pasou a Francisco Morales, ao que lle foi comprado polo Ministerio de Educación Nacional por O.M. do 26-02-1944

EXPOSICIÓNS:
Ano 1980. Lugar: Vigo. Sala da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. 19 febreiro-4 marzo. Primeiro ciclo Plástica Galega. Caixa Vigo.
Ano 1980. Lugar: A Coruña. Colexio Calvo Sotelo. 15-30 agosto. Homenaxe a Pintores Ferroláns. Deputación Provincial da Coruña.
Ano 1980. Lugar: Ferrol. Salas do Concello. Setembro. Homenaxe a Pintores Ferroláns. Deputación Provincial da Coruña.
Ano 1988. Lugar: A Coruña. Museo de Belas Artes. Maio-Xuño. Jenaro Pérez Villaamil. Debuxante. MUBAC.
Ano 1988. Lugar: Pontevedra. Museo Provincial. 3 agosto-4 setembro. Jenaro Pérez Villaamil. Debuxante. Museo de Pontevedra.

Medidas:
Papel: Altura = 303 mm; Anchura = 402 mm
Técnica:
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo