Imaxe:

Na fragua

Cronoloxía:
1890[ca]-1902[ca]

Figura de home en pé, co torso espido e un delantal atado á cintura que está golpeando cunha maza un ferro candente sobre unha fragua. No reverso da acuarela destaca un pequeno bosquexo a lapis de dúas figuras femininas con roupa longa e a cabeza cuberta por un tocado ou pano.

A mediados dos 90, Jenaro Carrero trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos, alí entra no taller de Sorolla e descobre que se está a pintar unha temática realista de contido social que á súa vez procede de Europa, onde se desenrola paralela ao progreso industrial e ás malas condicións das que gozaban naquela época os traballadores que vivían nas cidades. Tamén en España a temática obreira se estende ás zonas industriais do Norte, e en Galicia, Jenaro Carrero ía ser o pintor que mellor soubo captar ese contido e adaptalo ao ámbito galego.

Nesta acuarela de A fragua, o artista achégase ao realismo social non desde a perspectiva dun accidente, como na súa outra obra Vítima do traballo, que foi todo un éxito, senón como expresión do duro traballo dun día na vida cotiá. Jenaro Carrero adáptaa á arraigada tradición que ten no mundo galego o traballo aínda artesanal das ferrarías para a transformación do ferro.

A obra convértese nun medio onde a dureza do tema se vei reforzada e, á vez, en perfecta harmonía coa cor do fondo, de tonalidades marróns e sucias só interrompidas polo branco deses efectos lumínicos que sempre preocuparon a Carrero e que agora aínda vai potenciar máis coa súa aprendizaxe en Madrid a carón de Sorolla.

 

Folla técnica

Número de inventario:
875
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Pintura Galega. Xeración Doente
Cronoloxía:
1890[ca]-1902[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Costumista. Escena
Figura. Masculina
Procedencia:
Asignación. Compra: Carrero, Josefa (23/03/1948)
Historial:

Comprado á familia do pintor xunto a un lote de obras comprendidas entre os números de inv. 871- 882

Medidas:
Con marco: Altura = 47,5 cm; Anchura = 39,5 cm
Papel: Altura = 340 mm; Anchura = 259 mm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Pintura