Carrero Fernández, Jenaro

Noia (l)
-
27/03/1874
Santiago de Compostela
-
1902

Jenaro Carrero (Noia, 1874 - Santiago de Compostela,1902). Carrero formará parte da Xeración doente, grupo precursor da pintura galega camiño da modernidade cuxo proceso se viu paralizado pola repentina morte de varios pintores. Nos seus primeiros anos de aprendizaxe recibirá no seu lugar de orixe clases de trazo do debuxo por parte de Ramón Lira Boán. En 1889 trasladouse coa súa familia a Compostela onde recibiu clases de pintura na Sociedade Económica coincidindo con Ovidio Murguía nas clases impartidas por José Fenollera. Aquí formaríase nun estrito academicismo compartindo características co seu compañeiro Murguía como as tonalidades cromáticas. Preséntase á Exposición Nacional en Madrid coa súa primeira obra, Os cantores da catedral, coa que recibiría a súa primeira Mención Honorífica. Este acontecemento permítelle continuar os seus estudos en Madrid grazas a unha bolsa da Deputación da Coruña, onde se formará no taller de Sorolla.

Tras pasar unha etapa de dificultades económicas, grazas a Montero Ríos, adquiriu un posto de restaurador no Prado. Despois dos primeiros síntomas de enfermidade decide volver a Galicia, onde máis tarde en compañía da súa esposa tamén enferma, acabaría falecendo. Joaquín Sorolla, o seu mestre e amigo, sería o que lle introduce na nova temática social que o mesmo desenvolvería. O seu primeiro achegamento á temática social vémola nos cantores da catedral, e máis tarde en Caridade. No óleo titulado Vítima do traballo, Carrero adapta ese realismo social ao ámbito galego a través dunha carga moralista e unha estética rexional. As súas influencias máis notables serán por suposto Sorolla, no seu concepto do cromatismo e a luz, pero no tratamento da temática social achegásese máis a Millet e Lle Nain.

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Estudio (#877 - Dibujo - Papel, Tinta - Dibujo)
  • Estudio (#879 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Estudio (#880 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Estudio (#881 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)
  • Estudio (#882 - Dibujo - Papel - Debuxo con lapis)