Imaxe:

O boieiro castelán

Autores/as:
Cronoloxía:
1913

Trátase dun dos traballos preparatorios realizado para o panel A festa do pan en Castela, un dos lenzos que compoñían o monumental friso decorativo titulado As provincias de España, destinado á Biblioteca da Hispanic Society of America de Nova York por encargo do seu fundador, Archer Milton Huntinton. Este proxecto, realizado entre 1911 e 1919, supuxo para o artista un dos traballos máis esixentes e importantes da súa carreira, e ao longo de todas as súas escenas, de temáticas lúdicas e laborais, inmortalizaba a súa persoal visión sobre distintas rexións españolas. Desde o principio Sorolla concedeulle a Castela o máximo protagonismo e dotouna de maior extensión que ao resto, realizando un conxunto de estudos ao óleo de tamaño natural nos que representaba os distintos tipos populares.

O caso deste bosquexo supera o mero carácter de estudo preparatorio, pois conxuga a soltura do cadro abosquexado coa sensación de acabado característica do Sorolla máis formal. A escena definitiva trasladaríase ao panel lixeiramente modificada, suprimindo a figura do boieiro.

Folla técnica

Número de inventario:
4882
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Rexionalismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1913
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Costumista. Tipos populares
Procedencia:
Depósito Xunta. Dación: Daporta González, José (01/09/1995)
Historial:

Forma parte do proxecto As rexións de España encargado ao autor pola Hispanic Society of América de Nova York.
Declarado BIC por decreto 58/1993, do 25 de febreiro.D.O.G. núm.  45 do 8 de marzo de 1993.
Foi reproducido nun selo de correos de 40 cm, cor morada, editado en marzo de 1964.

PROCEDENCIA:
Procede da colección da filla do pintor dona Elena Sorolla de Lorente, Madrid.
Foi poxado en Sothesby´s de Nova York o 27de maio de 1982, lote 91.
Novamente poxado en Fernando Durán de Madrid o 6 de maio de 1986, lote 58 (Revista Anticuaria núm. 30, p.62).
Foi adquirido por D. José Daporta González.
Declarado BIC por decreto 58/1993, do 25 de febreiro.D.O.G. núm. 45 do 8 de marzo de 1993.
Foi entregado polos seus herdeiros á Xunta de Galicia en 1995 como dación, sendo depositado no Museo de Belas Artes da Coruña.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1926: XV Exposición Internacional de Venecia
Ano 1944: Exposición homenaxe a Sorolla en Valencia
Ano 1956: Un século de Arte Española. Dirección de Belas Artes. Ministerio de Educación Nacional.
Ano 1963: Exposición conmemorativa do Primeiro Centenario do seu nacemento. Casón do Bo Retiro, Madrid. p. 106
Ano 1987: Colección de Arte. Rosita Gómez Comuñón - José Daporta González. Hostal Reyes dos Católicos. Santiago de Compostela
Ano 1988: Joaquín Sorolla. Pintor da luz. Conmemorativa do 125 aniversario do seu nacemento. Instituto Valenciano de Arte Moderna.
Ano 1989: A exposición anterior itinera por Estados Unidos: Art Museum St. Louis, Museum of Modern Art San Diego, IBM Galery New York.
Ano 1991: Exposición na Hispanic Society of America

Medidas:
Con marco: Altura = 227 cm; Anchura = 327,5 cm; Profundidade = 10 cm
Lenzo: Altura = 200 cm; Anchura = 300 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro