Imaxe:

Oficio Divino para todos os días de Festa e de Precepto

Autores/as:
Cronoloxía:
1866

Con este libro que foi agasallo de voda de Juan Lembeye e Lartaud, Emilia Pardo Bazán contrae matrimonio con José Quiroga e Pérez de Deza en 1868 na capela do edificio coñecido entre a familia Pardo Bazán como Granxa de Meirás. Un edificio que a escritora remodelou a finais do século XIX para dar lugar á edificación que hoxe coñecemos como Pazo de Meirás. O naturalista ferrolán Juan Lembeye instalouse en Culleredo, A Coruña, e mantivo unha estreita relación de amizade coa familia Pardo Bazán.

O Devocionario ten cuberta de prata dourada e gravada. Na súa parte central represéntase á Purísima Concepción, inscrita nun medallón ovalado adornado con motivos vexetais. Na parte posterior aparece unha cruz  trebolada enmarcada por un medallón similar ao anterior. O lombo é de veludo morado. O peche de broche tamén é de prata dourada e os cantos son dourados. Entre as páxinas e sen estar unida ao libro, unha cinta de tea coas cores da bandeira española.

En la portada: Oficio Divino para todos los días de Fiesta y de Precepto. En latín e castelán. Nueva edición aumentada con la Semana Santa e ilustrada con láminas finas. París. Antigua casa Morizot. F. de P. Mellado y Cº, Sucesores. A. Laplace, Librero editor. Calle Séguier, 3. Na advertencia do Editor consta a data de 1866. Libro de 600 páxinas, con gravados.

Folla técnica

Número de inventario:
1231
Materia / Soporte:
Prata
Papel
Fibra téxtil
Autores/as:
Cronoloxía:
1866
Clasificación:
Prataría
Ritos e crenzas
Iconografía:
Relixiosa. Iconografía Mariana
Procedencia:
Asignación. Doazón: Quiroga e Pardo Bazán, María das Neves (28/06/1950)
Historial:

Ano: 1951. Lugar: Santiago de Compostela. Xullo- Agosto. ´Centenario da Condesa de Pardo Bazán´. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.

Medidas:
Altura = 12 cm; Anchura = 9 cm; Profundidade = 3 cm
Técnica:
Veludo
Obxecto:
Misal