Imaxe:

Ouriñal

Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira Época)

Ouriñal con asa estampado en negro. A parte externa do corpo está decorada por dúas grandes viñetas co motivo característico do modelo Góndola

Con todo, o fondo interno está ornamentado por unha crátera con grilanda illada sen apenas motivos decorativos que a acompañen e proporcionen un referente espacial.

Dentro da diversidade de pezas decoradas co tema Góndola atópanse numerosos matices diferenciadores nos elementos que integran a composición ou meras simplificacións nas composicións, como cortadas nun intento de adaptar a decoración á forma da peza como é o caso da estampaxe desta crátera illada no interior da peza.

O bordo alto, base e asa están decorados con reberete de espigas salteadas por floriñas.

Folla técnica

Número de inventario:
4140
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira Época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Paisaxe. Xardíns
Orla de viñetas modelo Góndola
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.
NOTAS:Falta restaurada no bordo.

Medidas:
Ouriñal: Altura = 14,2 cm; Lonxitude = 26,5 cm; Anchura = 23 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Ouriñal