Imaxe:

Peaña

Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera época.)

Peana coa cara superior reticulada, decorada na base cunha cenefa de espiguiña e na parte superior cun reberete xeométrico. Ten estampaxes de diferentes cores nos seus catro lados e presenta en tres deles distintas escenas do Quixote: En verde, o protagonista está representado cabalgando á beira do seu escudeiro Sancho Panza; en azul, as aventuras coa procesión dos disciplinantes (Parte I. Cap. LII) e en rosa, o manteo de Sancho na venda, (Parte I. Cap. XVII). No cuarto lado, en negro, unha escena diferente de tema infantil de claro matiz romántico.

Folla técnica

Número de inventario:
4213
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Tercera época.)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Personaxes literarios
Figura. Infantil
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.

Medidas:
Peana: Altura = 10 cm; Lonxitude = 8,2 cm; Anchura = 7,5 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Peaña