Imaxe:

Placa decorativa

Cronoloxía:
Placa decorativa: 1845-1862 (Terceira época)

Placa ovalada estampada en negro con decoracións máis esvaídas e próximas aos tons grises nalgúns casos. A decoración veteada esténdese por toda a superficie do anverso. No centro en relevo un tema mitolóxico: Hércules de pé, en repouso, descargando o seu peso sobre a maza da que pende a pel do león.

Folla técnica

Número de inventario:
48
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Verniz
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
Placa decorativa: 1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Mitolóxica
Procedencia:
Asignación. Doazón: Belo Piñeiro, Felipe (15/11/1942)
Historial:

A súa doazón ao Museo está recollida no: Libro de Actas da Real Academia Provincial de Belas Artes, 1928-1947,sesión do 15 de novembro de 1942.
Foi entregada á Academia por D. Felipe Belo Piñeiro o 15-11-1942. E segundo noticia súa, a placa procede da familia de D. Alejandro Ibáñez, descendentes do fundador da manufactura de Sargadelos.

 

Medidas:
Altura = 22 cm; Anchura = 18 cm; Profundidade = 1,2 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Vidrado
Obxecto:
Placa decorativa