Imaxe:

Placa decorativa

Cronoloxía:
1835-1862 (Segunda -Terceira época.)

Placa ovalada realizada en louza branca. Decorada en relevo con escena de alegoría da escultura. Represéntase un amorciño en actitude de esculpir unha figura feminina, a esquerda un vaso, e a dereita unha mesa con pergamiños. A escena está enmarcada por dobre orla, moldurada a exterior e perlada a interior. 

Belo Piñeiro  en Cerámica de Sargadelos (1965), indica de que na terceira época, cando en Sargadelos traballaban especialistas ingleses de Staffordshire, facíanse placas ovaladas e redondas a partir de moldes de épocas anteriores. 
Según esta afirmación pódese concluír a posibilidade de que esta placa sexa de terceira época, realizada con pasta chinesa opaca pero sobre moldes anteriores, ou que sexa da segunda época realizada con pasta pearl-ware, porque aínda que as placas empezáronse a facer xa na primeira época, a pasta pearl ware, máis esbrancuxada, é na segunda época cando comeza a desprazar á pasta inicial máis cremosa.

Folla técnica

Número de inventario:
1986
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1835-1862 (Segunda -Terceira época.)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Alegoría
Procedencia:
Asignación. Compra: Galerías Goya (25/03/1953)
Medidas:
Placa: Altura = 16,5 cm; Lonxitude = 19,5 cm; Anchura = 1,1 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Placa decorativa