Imaxe:

Prato

Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)

Prato de sobremesa ou merenda con suaves ondulaciones no bordo da ala obtidas a partir do labrado do molde. Estampado en negro, a decoración central redúcese a unha escena idílica campestre creada a partir de elementos tomados dun ámbito cotián (muller, vaca e tenreiros), pero dispostos de forma irreal e localizados nunha paisaxe idealizada.

Na ala, orla estampada con ampla cenefa punteada rematada en ondas, sobre ela, unha grilanda corrida de flores silvestres variadas.

Na terceira época da Fábrica o máis común é que o motivo estampado veña definido polo seu caracter imaxinario de influencia inglesa, por iso é polo que esta escena campestre sexa outra interpretación idílica máis, aínda que non das máis frecuentes.

Folla técnica

Número de inventario:
3986
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Escena campesiña
Orla de flores silvestres
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.

Medidas:
Prato: Altura = 2,9 cm; Diámetro = 23,2 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Prato