Imaxe:

Prato

Cronoloxía:
1870-1875 (Cuarta época)

Prato fondo cuxa ala presenta suaves ondulacións en relevo obtidas a partir do labrado en molde, o reverso mantén forma lisa e o bordo exterior forma poligonal.

A decoración a base de ramalletes estampados en marrón, e cuxas flores  posteriormente son iluminadas a man en vermello, azul amarelo e verde. Estes ramalletes distribúense por toda a superficie da peza de forma simétrica alternando diferentes tamaños e formas a excepción do central que é distinto.

O bordo decorado con fino reberete de rosetas alternadas con perlas. É moi frecuente ver a asociación do reberete de perlas e rosas coa louza iluminada de ramalletes.

A técnica de Iluminado supón que unha vez terminou o proceso monocolor de estampaxe, se procede a colorear a man alzada en distintos tons as flores que compoñen o ramallete. 

Folla técnica

Número de inventario:
4010
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1870-1875 (Cuarta época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Vexetal
Motivos florais
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.

Medidas:
Prato: Altura = 4,6 cm; Diámetro = 23,8 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Biscoitado
Pintado
Vidrado
Obxecto:
Prato