Imaxe:
Prato
Folla técnica
Número de inventario:
4025
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1870-1875 (Cuarta época)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Medidas:
Prato: Altura = 3 cm; Diámetro = 24,3 cm
Técnica:
Moldeado a esteque
Biscoitado
Pintado
Obxecto:
Prato
Prato chan con suaves ondulacións na á obtidas a partir do labrado do molde. Bordo exterior en forma poligonal (14 lados).
Os motivos florais pintados á man aparecen máis simplificados e estilizados que noutros exemplos da mesma tipoloxía. No centro un gran caravel en vermello carmín. Do seu contorno saen en aspa finos talos de cor negra, flanqueados por follaxe verde chumbo e rematados en pequenas xemas en azul cobalto claro.
Na á, permanece o mesmo tipo de decoración floral, agora con pequenas flores illadas e, cuxa disposición se acomoda á orladura do prato.