Imaxe:

Rebeca dando de beber a Eliezer

Autores/as:
Cronoloxía:
1710[ca]-1760[ca]

Seguindo a narración do Xénese bíblico (24, 15-22), represéntase o momento en que Eliezer atopa a Rebeca, a muller que elixirá para ser a esposa de Isaac. Trátase dun encontro moitas veces representado na iconografía cristiá e que habitualmente se desenvolve xunto a un pozo, un elemento que na espiritualidade xudaica está cargado de simboloxía relixiosa. Eliezer, servo de Abraham, partiu por indicación deste a Mesopotamia en busca dunha muller para o seu fillo Isaac. Para cumprir esta misión pediu a Deus que lle enviase un sinal e unha vez chegou á cidade de Najor esperou xunto a un pozo a que saísen as aguadoras, entre as que se atopaba Rebeca. Eliezer ve nela á muller elixida por Deus para ser esposa de Isaac, xa que é a única de entre as mulleres presentes que lle ofrece auga para el e para os seus rabaños. Rebeca, símbolo da caridade cristiá, está destacada no lenzo cunha iluminación máis intensa. Para a Igrexa católica, que interpretou certos acontecementos do Antigo Testamento como profecías de sucesos evangélicos, o encontro de Rebeca e Eliezer interpretábase como unha anticipación da Anunciación a María, así como o matrimonio bíblico de Rebeca e Isaac o era dos Desposorios da Virxe. Ese simbolismo xa estaba presente na arte relixiosa medieval e fundamentábase na literatura relixiosa na que se expoñía o paralelismo entre sucesos e personaxes do Antigo e do Novo Testamento, tratando de demostrar a súa conexión a través dunha única revelación divina. Pero a medida que avanzou o século XVII, a súa significación profética foi debilitándose e con iso a súa representación na arte fíxose mais esporádica. O desenvolvemento do espirítu crítico estimulado polo humanismo renacentista e pola Reforma protestante foi minando as súas bases e provocou que os teólogos católicos tivesen que realizar interpretacións máis reservadas das Sacras Escrituras.

Folla técnica

Número de inventario:
266
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Neoclasicismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1710[ca]-1760[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Figura. Animal
Relixiosa. Antigo Testamento
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (16/08/1946)
Historial:

Depositado no Concello da Coruña desde Abril de 1942, ata a apertura do Museo, por O. M. 19- 12- 1941.
No ano 1951expúxose na Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. 14 de setembro. Pazo Municipal. Concello da Coruña. / Ano 1958: Pazo Municipal. 6 setembro. Cea de gala en honra ao Xefe de Estado. Concello da Coruña.

Medidas:
Con marco: Altura = 146 cm; Anchura = 175,5 cm; Profundidade = 5,5 cm
Lenzo: Altura = 133 cm; Anchura = 161 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro