Imaxe:

Retrato

Autores/as:
Cronoloxía:
1840[ca]-1850[ca]

Home novo, de medio corpo, envolvido nunha capa que deixa ver o colo branco da camisa e a gravata de lazo. En relación á identidade do personaxe representado, apúntase como hipótese que poida tratarse de Sebastián Iradier e Salaverri (1809-1865), músico e compositor de orixe vasca. Para iso estúdanse as similitudes entre o personaxe representado por Fierros no debuxo e outra imaxe súa que aparece nunha coñecida litografía da época realizada cara a 1849. Peiteado similar con ondas aos lados da cabeza, nariz fino e longo e cellas perfiladas, coa mandíbula marcada e alongada e un bigote curvo similar. No debuxo Fierros representaría a Iradier quizá entre 1845 e 1850, nun momento no que o pintor era alumno da Escola de Belas Artes e do taller dos Madrazo en Madrid. Pola súa relación con estes últimos podemos supoñer que estaba en contacto cos ambientes artísticos e culturais de Madrid. O individualismo na expresión, o detallismo do rostro, acabado e matizado, fan pensar que se trataría dunha persoa coñecida para Fierros dentro do ambiente cultural madrileño.

Folla técnica

Número de inventario:
110
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1840[ca]-1850[ca]
Clasificación:
Artes Gráficas. Debuxo
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Asignación. Compra: Corredoyra, José (17/05/1944)
Medidas:
Papel: Altura = 177 mm; Anchura = 119 mm
Técnica:
Debuxo con lapis
Obxecto:
Debuxo