Retrato de Dña. Emilia Pardo Bazán
Folla técnica
Doado pola Marquesa de Cavalcanti ao Museo de Belas Artes da coruña, xunto un gran número de pezas de numismática.
EXPOSICIÓNS:
Ano 1951. Lugar: Santiago de Compostela. Julio- Agosto. Centenario da Condesa de Pardo Bazán. Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos
Ano 1978. Lugar: A Coruña. Colexio Calvo Sotelo. Agosto. Exposición antolóxica de pinturas de Jesús Corredoira. Deputación Provincial.
Ano 1980. Lugar: Vigo. Sala de exposicións da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. 14- 31 de Marzo. 2ª Exposición de Artistas Galegos.
Ano 1980. Lugar: Vigo. Sala de exposicións da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. 12- 28 de Maio. 3ª Exposición de Artistas Galegos.
Ano 1984. Lugar: A Coruña. Quiosco Alfonso. 21 de Xuño- 5 de Julio. Pintura do Século XIX nas Institucións. Concello da Coruña.
Ano 1985. Lugar: A Coruña. Quiosco Alfonso. 15 de Xuño- 5 de Julio. Impresionistas Galegos. Concello da Coruña.
Retrato de busto da escritora coruñesa no que apoia o rostro, enmarcado polo pelo gris, sobre a palma da man. É un retrato que corresponde á etapa na que Corredoyra, despois de contraer matrimonio, se instala na Coruña entre os anos 1915 e 1916. Unha época na que establece amizade con Emilia Pardo Pazán visitándoa na súa casa familiar da rúa Tabernas e no Pazo de Meirás. Preséntanos á escritora na súa etapa de madurez, ao redor dos sesenta e cinco anos, con actitude pensativa, destacando sobre un fondo escuro e coa característica austeridade cromática propia do estilo de Corredoyra.