Imaxe:

Retrato de Dona Lola

Cronoloxía:
1914-1917

Represéntase a Dolores Piñeiro Toimil, nai do pintor Felipe Bello Piñeiro. É o único que se conserva completo dos sete coñecidos e dedicados á súa nai. É posiblemente o mellor dos retratos efectuados por Bello Piñeiro, faceta á que se dedica especialmente nos primeiros anos para posteriormente facelo case en exclusividade á paisaxe. 

O retrato é sinxelo na súa composición, nunha pose na tradición da pintura realista de finais do século XIX, e tecnicamente trasluce coñecementos académicos de veladuras e vernizados.

Folla técnica

Número de inventario:
6574
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Idade Contemporánea
Cronoloxía:
1914-1917
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta de Galicia. Doazón
Medidas:
78 x 53 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro