Imaxe:

Retrato de Helene Sedlmayr

Autores/as:
Cronoloxía:
1880[ca]-1910[ca]

COPIA DE JOSEPH KARL STIELER

Busto en tres cuartos dunha figura feminina cara á esquerda co cabelo recolleito a ambos os dous lados da cara. Leva un tocado de gasa e un pano de cor salmón sobre os ombreiros. Marfil de forma ovalada. Marco de marfil con filete dourado con decoración vexetal.

Copia asinada. A finais do século XIX e principios do XX, proliferou un mercado da chamada miniatura decorativa, pezas seriadas, tanto pintadas como en impresións fotográficas coloreadas, que representaban personaxes históricos ou soados. Os retratos femininos do pintor alemán Karl Joseph Stieler, inspiraron boa parte deste tipo de miniaturas.

A retratada: Helene Sedlmayr (Trostborg, Baviera, 1813- Munich, 1898)

Folla técnica

Número de inventario:
6246
Materia / Soporte:
Marfil
Cristal
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1880[ca]-1910[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Torres Vioque, Mª del Carmen de (07/08/2011)
Medidas:
Marco: Altura = 10,5 cm; Anchura = 8,5 cm; Profundidade = 1 cm
Miniatura: Altura = 5 cm; Anchura = 4,3 cm
Técnica:
Acuarela
Obxecto:
Miniatura