Imaxe:

Retrato de Isidoro Brocos

Autores/as:
Cronoloxía:
1894

Retrato de busto de Isidoro Brocos un dos máis destacados escultores galegos do último terzo do século XIX, quen transcendería especialmente pola representación de escultura de xénero con tipos e asuntos populares. É ademais un artista polifacético que aglutina en si mesmo ao gravador, debuxante e ilustrador ademais de ter unha destacada dedicación á recompilación da música galega. E todo iso compárteo co exercicio da docencia que exerce en Santiago e desde 1880 na Coruña na que tivo como alumno a Joaquín Vaamonde, o autor deste cadro. 

O pintor Joaquín Vaamonde tras quedar orfo aos 16 anos decide trasladarse a Arxentina onde se inicia moi pronto no retrato. Tras o seu regreso de Bos Aires Vaamonde á Coruña visita ao seu antigo e sempre querido profesor Isidoro Brocos a quen inmortalizaría neste retrato. Nel está presente unha das marcas que o definen desde os seus inicios, a excepcional capacidade para mostrar a profundidade do ser. Cando o pintor se sente liberado desa necesidade de embelecer o rostro, os seus retratos transcriben en todo o seu esplendor a enerxía e forza temperamental, segundo se desprende deste retrato que pinta seguindo fórmulas próximas a Pinazo, de quen coñece a súa pintura en Arxentina, a través dun amigo que fora alumno do pintor valenciano.

Folla técnica

Número de inventario:
3165
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo; Pintura Galega. Xeración Doente
Autores/as:
Cronoloxía:
1894
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Masculino
Procedencia:
Asignación. Compra: Brocos, Donnino (07/11/1962)
Historial:

EXPOSICIÓNS
Figurou na exposición Cen Anos de Arte en Galicia, organizada pola Real Academia Provincial de Belas Artes. Salón da Asociación de Artistas. A Coruña, 1949.
Ano 1977. Xeración Doente. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. Agosto.
Ano 1980. 1º Ciclo de Plástica Galega. Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Sede: Salas de Exposición. 19 de Febreiro- 4 Marzo
Ano 1983- 84. Homenaxe a Pintores Coruñeses. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. Decembro 83- Xaneiro 84.
Ano 1984. Pintura do século XIX nas Institucións. Sede: Kiosco Alfonso, A Coruña. 21 Xuño- 5 Julio.
Ano 1984. Impresionistas galegos. Concello da Coruña. Sede: Kiosco Alfonso, 15 Xuño- 5 Julio.
Ano 1985. Exposición Homenaxe a Isidoro Brocos. Deputación provincial da Coruña. Sede: Colexio Calvo Sotelo. 1- 15 Agosto.
Ano 2015. O primeiro Picasso. A Coruña. 2015. Organizada polo Museo Picasso de Barcelona e o Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Belas Artes da Coruña, 20 de feb / 24 de maio.
 

Medidas:
Con marco: Altura = 65,1 cm; Anchura = 49,3 cm
Lenzo: Altura = 54,2 cm; Anchura = 37,8 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro