Imaxe:

Retrato de Madame Malinowska (a Rusa)

Cronoloxía:
1912

Zuloaga retrata á pintora ruso-polaca Victoria Malinowska que participa en España en varias exposicións entre os anos 1916 e 1926. Expón en Vigo en 1920 no salón do Faro de Vigo e en 1921 en A Tertulia.

Non hai elementos secundarios nin accesorios no retrato desta pintora, que con xesto sereno cruza os seus brazos nunha actitude natural. A luz concentra o foco de interese na mirada reflexiva do seu rostro. É un retrato sobrio no que a calidade lineal da pintura de Zuloaga apréciase na silueta negra das súas roupas. O sintetismo, a simplificación formal e a estilización remítennos ás propostas artísticas da modernidade parisiense.

 

Folla técnica

Número de inventario:
6577
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1912
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Feminino
Procedencia:
Depósito do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
Medidas:
197 x 98 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro