Imaxe:

Retrato de neno

Autores/as:
Cronoloxía:
1822-1825

Sobre fondo neutro e escuro o pintor realiza o retrato de medio corpo dun adolescente que mira cara ao espectador á vez que levanta o índice da súa man esquerda en actitude de sinalar algo. Os guechos do cabelo enmarcan un rostro carente de expresión cuxos rasgos son trazados cunha gran precisión do debuxo que denota a súa formación de raizame académica e clasicista. Soamente o colo da camisa rompe a sobriedade compositiva achegando cor e dinamismo nun afán de mostrar a súa evolución na época de madurez.

Segundo se recólle nas descricións do Museo del Prado sobre esta obra, Núñez Vernis, no seu estudo sobre o artista, indica que pode tratarse do oitavo fillo do artista chamado Dionisio e nado en Madrid o 9 de outubro de 1807.

Folla técnica

Número de inventario:
643
Materia / Soporte:
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo; Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1822-1825
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Retrato. Infantil
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (12/05/1947)
Historial:

Comprado polo Estado, por Real Orde do 16 de decembro de 1924 para destinalo ao extinto Museo de Arte Moderna. Por O.M. de 29-04-1947 deposítase no Museo Nacional del Prado.

EXPOSICIÓNS:
Ano 1983-1984: El niño en el Museo del Prado. Museo del Prado, Madrid. Decembro- Febreiro
Ano 1983-85: Itinerante por 12 cidades.

Medidas:
Con marco: Altura = 66 cm; Anchura = 55 cm; Profundidade = 4 cm
Lenzo: Altura = 53,9 cm; Anchura = 43 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro