Imaxe:

Rocas de Lequeitio

Autores/as:
Cronoloxía:
1866[ca]- 1872[ca]

Lequeitio é unha localidade costeira da provincia de Biscaia onde Haes se despraza en varias ocasións para pintar do natural as súas praias e cantís do mesmo xeito que fai na zona cántabra e nos Picos de Europa, pois xa desde inicios dos anos sesenta eran habituais os percorridos por distintas paraxes do norte de España durante os períodos estivais con alumnos e discípulos. Con todo, será a partir de 1876 cando morre a súa muller que vai cambialos por outros enclaves europeos onde predominen as tonalidades máis agrisadas.

Nesta obra obsérvase xa como a paleta de Carlos de Haes se fai máis enérxica e está a abandonar os tons pardos e abetumados que lle caracterizaban inicialmente, á vez que descobre as mariñas e motivos do litoral que desde agora alternará coa paisaxe de interior.

Nesta porción de costa, que non inclúe ningún motivo de humanización, resalta a veracidade do representado sobre o minucioso. Está pintada do natural con gran frescura e fiel reprodución dos contrastes lumínicos, unha perfecta captación das superficies húmidas dos pequenos promontorios rochosos e do areal, como do tacto esvaradío dos liques e algas que quedaron ao descuberto sobre as rocas coa baixada da marea.

Folla técnica

Número de inventario:
33
Materia / Soporte:
Papel
Lenzo
Contexto cultural / Estilo:
Realismo
Autores/as:
Cronoloxía:
1866[ca]- 1872[ca]
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Paisaxe. Costa
Procedencia:
Depósito: Museo Nacional del Prado (17/02/1928)
Historial:

Depositado polo extinto Museo de Arte Moderna, por R. O. 17-02-1928
EXPOSICIÓNS:
Ano 2014: Auga doce, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, 21-03-2014 a 14-09-2014.

Medidas:
Papel: Altura = 14,5 cm; Anchura = 42 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro