Imaxe:

Sen título (Álbum Imaxens Celtas)

Autores/as:
Cronoloxía:
1977

Estampaxe circular cunha figura de animal con cornamenta, en tinta marrón. Do Álbum Imaxens celtas. Sen número de tirada. Neste álbum de xilografías, Luís Seoane desenvolve unha sorte de retrovisión mítica chegando mesmo á prehistoria. Expon unha mirada persoal, case animista, das formas arcaicas, desde unha linguaxe simbólica, mostrando a intrahistoria das formas. O círculo solar, os petróglifos, as inscricións en baixorelevo das pedras, as espirais, os trísceles, desenvólvense nestas xilografías, como un claro eco do primitivismo ligado ás vangardas.
 

Folla técnica

Número de inventario:
5123
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Autores/as:
Cronoloxía:
1977
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Iconografía:
Figura imaxinaria
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña (10/05/2000)
Medidas:
Mancha: Altura = 153 mm; Anchura = 144 mm
Soporte: Anchura = 236 mm; Altura = 256 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa