Imaxe:
Sen título (Álbum Imaxens Celtas)
Folla técnica
Número de inventario:
5107
Materia / Soporte:
Papel
Contexto cultural / Estilo:
Vangarda histórica galega
Cronoloxía:
1977 (Año de edición)
Clasificación:
Artes gráficas. Estampaxe
Procedencia:
Depósito Xunta. Depósito: Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña (10/05/2000)
Historial:
Forma parte do legado de María Elvira Fernández López (Maruxa Seoane, Vda. de Luís Seoane, falecida en 2003). O legado faise á Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña que realiza un depósito permanente no Museo polo que o legado permanecerá ligado a esta institución e formará parte da súa colección estable.
Medidas:
Papel: Altura = 256 mm; Anchura = 236 mm
Técnica:
Xilografía
Obxecto:
Estampa
Estampaxe circular cunha figura de cabalo en cor marrón, unha serpe debaixo.
Do Álbum Imaxens celtas. Sen número de tirada. Neste álbum de xilografías, Luís Seoane desenvolve unha sorte de retrovisión mítica chegando mesmo á prehistoria. Expon unha mirada persoal, case animista, das formas arcaicas, desde unha linguaxe simbólica, mostrando a intrahistoria das formas. O círculo solar, os petróglifos, as inscricións en baixorelevo das pedras, as espirais, os trísceles, desenvólvense nestas xilografías, como un claro eco do primitivismo ligado ás vangardas.