Imaxe:
Sopeira
Folla técnica
Número de inventario:
3958
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terciera época)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:
Contrato de adquisición da Consellería de Cultura do 30 de Julio de 1991.
Medidas:
Altura = 24 cm; Lonxitude = 30 cm; Anchura = 21 cm
Recipiente: Altura = 16,5 cm; Lonxitude = 30 cm; Anchura = 21 cm
Tapadeira: Altura = 10 cm; Lonxitude = 20,1 cm; Anchura = 16,2 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Sopeira
Sopeira de superficies curvadas e aspecto bulboso cuxas formas nos remiten a modelos ingleses; as asas decoradas en relevo con forma de follas e a tapa con pomo en forma de flor inclinada.
Estampada en azul cobalto lixeiramente fundido que impregna de cor o fondo da peza substituíndo a súa brancura por unha tenue cor azulado.
A decoración, inspirada nas chinoiseries de procedencia inglesa, distribúese en 4 viñetas iguais dúas a dúas, con lixeiras variacións dentro do mesmo esquema estereotipado de paisaxe fantástica orientalizante que sempre integra figuras humanas chinesas, arquitecturas de estilo oriental (pagodas) e diversidade de elementos de vexetación.
Os bordos interior do corpo e exterior da tapa decóranse con orla reticulada rematada por puntillado e seguida de fino reberete de rombos ensartados.
Na terceira época da Fábrica baixo a dirección técnica do inglés Forester, obtense unha pasta feldespática máis fina, coñecida como china opaca que xa se fabricou por primeira vez en Staffordshire nas primeiras décadas do XIX. As súas características de gran brancura, resistencia, transparencia e brillo confiren ás pezas unha gran calidade que, conxugada cos exquisitos estampados en azul cobalto fundido, dan a Sargadelos a etapa máis florecente da súa existencia.