Imaxe:
Sopeira
Folla técnica
Número de inventario:
4126
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira Época)
Clasificación:
Louza
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:
Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.
NOTA: Pequenas faltas no bordo da tapa e na base.
Medidas:
Altura = 26,5 cm; Lonxitude = 27 cm; Anchura = 22,5 cm
Recipiente: Altura = 17,5 cm; Lonxitude = 27 cm; Anchura = 22,5 cm
Tapadeira: Altura = 10 cm; Diámetro = 19,2 cm
Técnica:
Moldeado (Cerámica)
Biscoitado
Estampado (Cerámica)
Vidrado
Obxecto:
Sopeira
Sopeira redondeada con asas en forma de venera, pé alto e decoración tipo Góndola estampada en azul.
O recipiente está decorado por ámbalas caras da panza con dúas viñetas idénticas do motivo característico do modelo Góndola: unha paisaxe fantástica con gran crátera de estilo clásico en primeiro plano está separada por un río da outra ladeira montañosa que parace salpicada por edificios de diferentes estilos. O bordo superior interno e externo da boca e parte inferior do pé decóranse con reberetes de espigas salteadas por floreciñas.
A tapa ten pomo en forma de flor. Está decorada con orla de viñetas que alternan paisaxes e rosas con remate alto de reberete de espigas.
O modelo Góndola foi o máis característico dentro da louza estampada de Sargadelos e foi aplicado en todo tipo de pezas con independencia do seu tamaño, formas e cores. Con todo o seu gran éxito xa deriva de Inglaterra, onde a partir da fábrica de Copeland et Garret alcanzará unha gran difusión.