Imaxe:

Teteira

Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)

Teteira redonda con tapa estampada en rosa. O recipiente decórase con dúas viñetas de paisaxe imaxinaria distribuídas polas dúas caras da panza, e outra máis simplificada na base do vertedoiro. A composición organízase ao redor dun río polo que navegan varias embarcacións e nadan tres cisnes os que contemplan unhas mulleres.

A tapa circular e con pomo tipo botón decórase cunha orla de viñetas, (tomada como motivo central) na que alternan paisaxes imaxinarias tipo Góndola e rosas, e está rematada cun reberete de espigas intercaladas por rosáceas.

Esta peza presenta a circunstancia de mostrar motivos decorativos diferentes en cada un dos compoñentes que a constitúen. Así o recipiente decórase con viñetas de paisaxe fantástica con cisnes e a tapa toma como motivo principal a orla de viñetas modelo Góndola.

As viñetas aquí representadas manifestan diferenzas sobre o representado noutras pezas, o que fai pensar nas variadas modificacións que sufrían as pranchas ao ser regrabadas, e, as variacións na combinación decorativa que se adaptan tamén ao tipo de peza a decorar e que consecuentemente alteraban as composicións orixinais.

Folla técnica

Número de inventario:
4184
Materia / Soporte:
Pasta cerámica
Aditivos
Verniz
Pigmento metálico
Contexto cultural / Estilo:
Romanticismo
Cronoloxía:
1845-1862 (Terceira época)
Clasificación:
Louza
Iconografía:
Paisaxe. Xardíns
Figura. Animal
Paisaxe. Vista urbana
Orla de flores
Orla de viñetas modelo Góndola
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Familia Martínez-Barbeito Manovel (22/06/1992)
Historial:

Contrato de adquisición da Consellería de Cultura de 30 de Julio de 1991.
NOTAS: Pequenas faltas no bordo da tapa e no pitorro.
 

Medidas:
Altura = 12,5 cm; Lonxitude = 24,5 cm; Anchura = 15,5 cm
Recipiente: Altura = 10,5 cm; Lonxitude = 24,5 cm; Anchura = 15,5 cm
Tapa: Altura = 3,5 cm; Diámetro = 9 cm
Técnica:
Moldeado por coado
Estampado (Cerámica)
Biscoitado
Vidrado
Obxecto:
Teteira