Imaxe:

Troncos

Cronoloxía:
1976

Unha constante na obra de González Pascual foi a representación da natureza, da que tomaba apuntamentos do natural na contorna da súa casa de Mera (Ortigueira), que logo elaboraba no seu estudo. Comeza coa representación de montes como grandes masa escuras, para achegarse despois aos bosques e ao seu interior de columnas de árbores, e terminar por pintar os troncos cortados e as raíces. Nestas cheas de toradas abandona xa o recurso da verticalidade e as curvas das árbores en favor da liña recta e da horizontalidade dos troncos tallados, amontoados sobre o chan. Nesta obra o aspecto xeral de horizontalidade non é estático, hai todo un xogo de tensións direccionais individualizadas, troncos que soben, baixan, se ocultan ou aparecen dando dinamismo á composición. Tecnicamente, interésalle estudar as formas e as texturas e para iso resalta as toradas fortemente iluminadas sobre un fondo escuro, o que lles confire volume. O enfoque próximo e a harmonía das gamas de ocres luminosos nas cortizas dos troncos logran transmitir unha atmosfera de gran carga expresiva que revela o intento de domesticación da natureza salvaxe.

Folla técnica

Número de inventario:
5250
Materia / Soporte:
Tablex
Contexto cultural / Estilo:
Novas figuracións
Cronoloxía:
1976
Clasificación:
Pintura
Iconografía:
Vexetal
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: González Abad, Carolina; Santiago Blanco, Manuel (26/04/2004)
Medidas:
Con marco: Altura = 78 cm; Anchura = 113,5 cm; Profundidade = 3 cm
Taboleiro: Altura = 73 cm; Anchura = 109 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro