Entre pinceis e plumas

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
4º Educación Infantil
Duración:
1 hora

A través do xogo da observación e a busca, o alumnado máis pequeno irá descubrindo todos aqueles animais que se agochan nas salas do museo. Asentaremos conceptos básicos xa traballados na escola como son as formas e as cores, priorizando en cada parada o “primeiro” contacto dos pequenos e pequenas coa obra de arte. A través de dinámicas como pode ser a lectura de contos, buscaremos crear no noso museo un espazo acolledor e extensible á propia aula, favorecendo así as primeiras saídas fora da escola.

Os animais servirán como motivación e elemento recoñecible para despertar o interese por comprender a pintura como espazo habitable.