Mirar. Ver. Percibir.

Tipo de visita:
Visita comentada
Nível:
2º ciclo da ESO
Duración:
1h 15min

Un percorrido no que, fomentando a participación e o diálogo entre o alumnado, descubriremos as distintas lecturas que se lle poden dar a unha mesma obra de arte. Reflexionando sobre o engano da mirada, a influencia e condicionamento da propia ensinanza e cultura, e os prexuízos en ocasión autoimpostos, aproveitaremos para abrir debates críticos en torno á representación e visión – persoal ou non -  que temos dos estilos, temas, períodos, artistas... descubrindo así os diversos  “modos de ver”.